Dende hoxe e ata o 30 de outubro os interesados poden presentar a súa solicitudes e optar optar ao premio.
Está dirixido a todas/os aquelas/es doutoras/es, de cualquer nacionalidade, que defendesen a súa tese doutoral na UDC con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, obtendo a máxima calificación (Sobresaliente cum laude) e que realizasen a súa tese doutoral nalgunha temática relacionada directamente co desenvolvemento sostible, e que supoña un avance significativo no coñecemento desde campo.
O autor da tese que resulte gañador outorgáseselle un único premio dotado de 5.000 euros.
Na seguinte ligazón pódese facer a solicitude e consultar as bases da convocatoria.